O RallyMix Cuntis regresa con forza na súa oitava edición

Umia
13 de setembro 2025

O evento celebrarase os días 19 e 20 de setembro e será puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de RallyMix

Presentación do RallyMix de Cuntis Vila Termal
Presentación do RallyMix de Cuntis Vila Termal / Escudería Cuntis Vila Termal

Os afeccionados ao motor xa contan os días para a oitava edición do RallyMix Cuntis Vila Termal.

A cita, consolidada como unha das máis destacadas do calendario automobilístico galego, celebrarase os días 19 e 20 de setembro e será puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de RallyMix.

A actividade arrincará o venres ás 18:00 horas coas verificacións técnicas e os recoñecementos do terreo para que os pilotos afronten da mellor maneira a xornada oficial.

O sábado 20 será o día decisivo, coa proba concentrada integramente nesta única xornada.

A competición arrincará ás 9:00 horas coa primeira pasada, seguida por outro tres consecutivas.

A entrega de premios e trofeos está prevista para as 21:00 horas, pondo o broche final a unha intensa xornada.

A presentación oficial contou coa presenza de Manuel Campos, alcalde de Cuntis; Ricardo Martínez, deputado de Novas Tecnoloxías e Contratación da Deputación de Pontevedra; Isabel Couselo, directora territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Mocidade de Pontevedra, en representación da Xunta, e Antonio Rodríguez, presidente da Federación Galega de Automobilismo (FGA).