Raúl Casalderrey, do Froiz, terceiro clasificado sub 23 no Campionato de Galicia

Pontevedra
09 de maio 2022

O ciclista alimenticio logrou subirse ao podio nunha carreira marcada polos cortes e os ataques nos últimos quilómetros de percorrido

Raúl Casalderrey, ciclista do Grupo Deportivo Supermercados Froiz
Raúl Casalderrey, ciclista do Grupo Deportivo Supermercados Froiz / Grupo Deportivo Supermercados Froiz

O corredor do Grupo Deportivo Supermercados Froiz Raúl Casalderrey acabou en terceira posición no campionato de Galicia disputado a pasada fin de semana en Betanzos. 

Despois dunha dura carreira marcada por unha escapada que sempre estivo controlada polo pelotón polo homes do Froiz e o Eolo Kometa, na última subida a Galibier xa estaba neutralizada pero un erro no percorrido fixo parar a carreira durante máis de 15 minutos.

Tras o parón producíronse continuos cortes e ataques marchándose por diante os corredores elite.

En categoría sub23 Raul Casalderrey entrou terceiro en meta cos seus compañeiros Manuel Rodríguez e José Autran.