O Arxil sucumbe ante o líder Maristas Coruña tras un mal inicio que marcou o rumbo do partido.
O equipo local dominou o primeiro cuarto cun parcial demoledor de 14-3 nada máis saltar á pista que obrigou á adestradora arxilista, Marita Janeiro, a pedir tempo morto aos cinco minutos de xogo para tentar cambiar o ritmo.
Pero o Arxil seguiu fallando moito en ataque e non puido frear a potencia ofensiva de Maristas, que chegou a pór o 19-6 cando restaban 46 segundos ao final do período. Só unha tripla de María González achegou algo ás visitantes, reducindo a diferenza a dez puntos (19-9).
O segundo cuarto mantivo a mesma tónica, coas de Pontevedra tendo serios problemas para anotar e cedendo infinidade de rebotes que deixaban o marcador ao descanso nun avultado 39-21.
Tras o intermedio, as rotacións e unha mellora no rendemento permitiron o Arxil dominar o terceiro cuarto cun parcial favorable de 15-17, aínda que non suficiente para meterse no partido (54-38).
No último cuarto, co partido sentenciado, as verdes melloraron e lograron reducir diferenzas ante un equipo local que perdeu efectividade pero mantivo o control para pechar o encontro cun resultado de 60-47.
María González foi a segunda máxima anotadora do partido con 12 puntos, só por detrás da xogadora do Maristas Brenda Fontana, que sumou 15.
Consulta as estatísticas neste enlace