Reacciona a tempo o Cisne para gañar (28-30) na Cañiza

Pontevedra
24 de xaneiro 2015

Primeira parte con dominio dun Cisne que se complicou e de que forma na segunda, para conseguir unha sufrida vitoria que lle mantén en todo o alto da táboa. Os de Edín Covelo tiveron un día máis nos seus partidos a domicilio en Andrés Sánchez ao seu home crave, aínda que foron dous goles de Pablo Picallo os que decidiron o partido nun apretadísimo e incerto final

Partido entre Cisne e Bueu Atlético no CGTD Diego Torrado

Primeira parte con dominio dun Cisne que se complicou e de que forma na segunda, para conseguir unha sufrida vitoria que lle mantén en todo o alto da táboa. Os de Edín Covelo tiveron un día máis nos seus partidos a domicilio en Andrés Sánchez ao seu home crave, aínda que foron dous goles de Pablo Picallo os que decidiron o partido nun apretadísimo e incerto final.

O presenciado na primeira parte non facía pensar que o partido puidésese complicar para o conxunto pontevedrés, que mandou sempre no marcador chegando a dispoñer dunha máxima vantaxe de cinco goles.

Pero ao pouco de comezar a segunda parte os da Cañiza conseguían nivelar o marcador, entrando o partido nunha dinámica de alternativas constantes, con vantaxes mínimas para un e outro equipo. Así se entraba nos últimos cinco minutos cun inquietante empate (25-25). Andrés Sánchez e Álex Chan poñían dous arriba aos de Edín Covelo, pero os locais non se deron por vencidos conseguindo poñerse a un (28-29) a falta de 20 segundos. Pablo Picallo terminou coa incerteza, sentenciando o partido a favor do cadro cisneísta, que segue agrandando os seus números, sumando xa 16 vitorias por só unha derrota.

BM PROMENS CAÿIZA (28): Rubén Fernández, Rubén Teijeira, Marcos Carrera; Manuel Alonso, Manuel Álvarez, Pablo Álvarez (1), Marcos Estévez (3), Rafael Fernández, Aitor Freiría (5), Adrián Freiría (2), Pablo González (1), Mendes (6), Iván Miguélez, Andrés Piñeiro (10), Rodrigo Blas e Daniel Da Cuña.

BM CISNE (30): Pablo Galán, Toño Lafuente, Santiago Cuenca; Iván Abilleira, Pepe Camiña, Álex Chan (6), Edu Covelo (2), Rafa Dasilva (2), Pablo Picallo (3), Pablo Rey (1), Carlos Rodríguez, Andrés Sánchez (10), Miguel Simón (1), Javi Vázquez (3), Pablo Vidal (1) e Bruno Montesinos (1).

Árbitros: Sergio Rodríguez Estévez e Andrés Rosendo López (Galicia). Excluíron por dous minutos a Marcos Estévez, Rafael Fernández, Rubén Fernández, Adrián Freiría e Pablo González, polo conxunto local, e a Edu Covelo (3, descualificado no minuto 48), Rafa Dasilva (2), Pablo Rey, Carlos Rodríguez e ao técnico, Edín Covelo, polos visitantes.

Marcador (cada cinco minutos): 1-2, 1-4, 3-7, 6-9, 6-11, 10-13 (descanso), 14-15, 18-18, 21-21, 23-22, 25-25 e 28-30 (final).

Incidencias: Pabellón Municipal da Cañiza. Uns 120 espectadores.