Real Murcia, primeiro escollo cara a Segunda División

Pontevedra
15 de maio 2017
Actualizado: 18:18

O Pontevedra Club de Fútbol xa ten rival para a primeira eliminatoria polo ascenso a Segunda División, o histórico Real Murcia, segundo clasificado do Grupo IV. A ida, este próximo sábado ás 20.00 horas no Estadio Municipal de Pasarón

Lupe Murillo, no sorteo da fase de ascenso a Segunda División
Lupe Murillo, no sorteo da fase de ascenso a Segunda División / RFEF

Duro rival para o Pontevedra Club de Fútbol na primeira das eliminatorias polo ascenso a Segunda División. 

Os granates non só se enfrontarán a un dos equipos máis en forma da competición, senón tamén a todo un histórico do fútbol español, o Real Murcia, segundo clasificado do Grupo IV.

Así o estableceu o sorteo celebrado este luns na Cidade do Fútbol da Real Federación Española de Fútbol en Las Rozas, sorteo ao que acudiu en representación do Pontevedra a súa presidenta, Lupe Murillo, e o conselleiro responsable da dirección deportiva, Roberto Feáns.

A ida da eliminatoria disputarase este sábado 20 ás 20.00 horas no Estadio Municipal de Pasarón, coa volta na Nova Condomina de Murcia probablemente o domingo 28 de maio á mesma hora.

O outro equipo galego no bombo, o Celta B, quedou emparellado co Valencia Mestalla, xogándose o primeiro partido da eliminatoria en Vigo.