A carreira solidaria organizada polo CEIP San Martiño chega este venres 5 de xuño á súa quinta edición coa lema 'Corre ou camiña, pero móvete e achega polo que importa'.
O evento, un ano máis, fará un labor integradora pensada "para que todo o mundo poida participar e entender o importante que é o deporte e para sermos un pouquiño máis conscientes de que hai xente que ten moitísimas necesidades básicas", explicou a concelleira de Deportes, Anabel Gulías, durante a presentación.
Durante o acto, celebrado no Concello, estivo acompañada por membros da organización e do Banco de Alimentos, onde irá destinada a recadación da proba.
María del Puerto, unha das organizadoras, explicou que a carreira se fai co obxectivo de crear hábitos saudables e deportivos entre o alumnado mentres colaboran coa asociación achegando con cada inscrición 1 quilo de alimentos.

A saída será a partir das 10:45 horas desde o CEIP San Martiño, onde tamén estará instalada a meta.
Haberá dúas distancias, unha de 400 metros para o alumnado máis pequeno e outra máis longa, de 1.200, para o de Educación Primaria. Tamén participará o estudiantado do CEE Xoán XXIII.
A xornada concluirá cunha xornada de convivencia onde todas as persoas asistente compartirán unha merenda.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.