Recepción en Marín a Okutu tras o seu novo éxito nos campionatos de España

Marín
27 de xullo 2017

O saltador marinense Jean Marie Okutu volveu a ser recibido con honras no Concello de Marín. Fíxoo tras proclamarse o pasado domingo campión de España de salto de lonxitude ao aire libre por quinta vez

Recepción a Jean Marie Okutu no Concello de Marín
Recepción a Jean Marie Okutu no Concello de Marín /

O saltador marinense Jean Marie Okutu volveu a ser recibido con honras no Concello de Marín. Fíxoo tras proclamarse o pasado domingo campión de España de salto de lonxitude ao aire libre por quinta vez.

Okutu foi felicitado pola alcaldesa de Marín, María Ramallo, e polo concelleiro de Deportes, Antonio Traba. Ía acompañado do seu adestrador, Javier de Medrano.

O atleta do FC Barcelona mostrou na recepción a súa quinta medalla de ouro, á que se suman os outros catro campionatos que gañou en pista cuberta.

Durante a recepción, María Ramallo destacou que para Okutu "parece que todo o que consegue é fácil pero para logralo hai que ser o mellor".

O saltador, que non foi seleccionado para os Mundiais de Londres, explicou que enfoca xa a súa preparación para a próxima tempada.