Recepción municipal á Selección Feminina de Loita U15, concentrada en Pontevedra

Pontevedra
26 de maio 2023

No acto entregóuselle ao Concello de Pontevedra o premio outorgado recentemente pola Federación Española de Loitas Olímpicas polo apoio mostrado a este deporte nos últimos anos como sede de competicións nacionais e internacionais

Recepción no Concello á Selección Española Feminina Sub-15 de Loita concentrada en Pontevedra
Recepción no Concello á Selección Española Feminina Sub-15 de Loita concentrada en Pontevedra / Concello de Pontevedra

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (CGTD) é sede estes días dunha concentración da Selección Española Feminina U15 de Loita.

Trátase dunha concentración que ten como obxectivo preparar ás deportistas e facer a selección final de fronte ao Campionato de Europa da categoría que terá lugar en Kaposvar, hungría, do 6 ao 9 de xullo.

Na mesma hai presenza de ata cinco loitadoras galegas e unha do club local, o Loita Pontevedra, como é Nada Zholtikova.

O equipo nacional, así como os seus adestradores, aproveitando a concentración na Boa Vila foron obxecto dunha recepción municipal.

Na mesma entregóuselle ao Concello de Pontevedra o premio ortorgado recentemente pola Federación Española de Loitas Olímpicas polo apoio mostrado a este deporte nos últimos anos como sede de competicións nacionais e internacionais.

"Concedeuno a Federación Española na súa gala anual", explicou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, afirmando que "Pontevedra está encantada de acoller estes eventos internacionais". Ademais entre os temas tratados "tamén falamos do campionato do mundo sub-20 que se vai celebrar en 2024 en Pontevedra", sinalou o rexedor.