Récord de participación no Nacional de Novas Promesas de piragüismo que acolle o Pontillón

Pontevedra
24 de xullo 2019

A pista de piragüismo David Cal no encoro de Pontillón do Castro, Verducido, acollerá os días 26, 27 e 28 de xullo o Campionato de España Sprint para as categorías infantil e cadete coa presenza de 932 deportistas

Presentación do Campionato de España de Novas Promesas de Piragüismo
Presentación do Campionato de España de Novas Promesas de Piragüismo / PontevedraViva

A pista de piragüismo David Cal no encoro de Pontillón do Castro, Verducido, acollerá os días 26, 27 e 28 de xullo o Campionato de España de Novas Promesas de Piragüismo Sprint.

Na cita, para as categorías infantil e cadete, competirán 932 deportistas, o que supón un récord de participación nun evento destas características, ao ser "a  primeira vez na historia que se superan os 900 padexeiros nesta categoría", sinalou o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea.

O evento foi presentado oficialmente no Concello de Pontevedra coa presenza do concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, e o delegado provincial de deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides.

Galicia será a rexión máis representada na competición con 328 deportistas, seguida de Andalucía (141) e Asturias (113).

A actividade dará comezo o venres 26 de xullo ás 16:00 horas. Ademais contará con sesión dobre o sábado (9:00 e 16:00 horas) e con xornada de mañá o domingo día 27 (9:00 horas).

As probas de kaiak e canoa, en modalidade individual, parella e equipos, disputaranse en distancia de 500 e 1.000 metros.