Recta final para o torneo internacional Cidade de Pontevedra de xadrez

Pontevedra
12 de agosto 2017

A quinta edición do torneo internacional Cidade de Pontevedra de xadrez entrou na recta final. A falta de dúas roldas, hai tres favoritos ao triunfo final: os Grandes Mestres rusos, Burmakin e Yuffa e ao Mestre Internacional galego, Diego Espiñeira, que encabezan a clasificación con 6 puntos de 7 posibles

Participantes na V edición do torneo Cidade de Pontevedra de xadrez
Participantes na V edición do torneo Cidade de Pontevedra de xadrez / Escola Xadrez de Pontevedra

A quinta edición do torneo internacional Cidade de Pontevedra de xadrez entrou na recta final. A falta de dúas roldas, hai tres favoritos ao triunfo final: os Grandes Mestres rusos, Burmakin e Yuffa e ao Mestre Internacional galego, Diego Espiñeira, que encabezan a clasificación con 6 puntos de 7 posibles.

Espiñeira meteuse entre os mellores tras unha magnífica xornada na que derrotou na rolda matinal ao portugués Padeiron e na sesión de tarde ao Gran Mestre búlgaro, Vladimir Petkov.

A medio punto, no pelotón perseguidor, sete xogadores esperan poder dar caza aínda aos tres destacados. A rusa Ambartsumova, invicta no torneo, comparte grupo con Strikovic, Burak, Oratovsky, Misa e os españois Huerga e Lillo Castany.

Con respecto á participación galega, o abandono da competición de Manuel Pena foi a nota negativa da xornada. O xogador da Escola Xadrez Pontevedra non chegou a disputar a rolda da mañá tras unha indisposición.

Foi un malestar transitorio froito probablemente da enorme tensión acumulada tras a súa vitoria no fortísimo torneo internacional de Andorra e o alto desgaste que lle levou a compartir o liderado en Pontevedra.