Recuperar fóra o perdido na casa, obxectivo do Pontevedra en Barreiro

Pontevedra
15 de febreiro 2019

Os granates visitan este domingo (12:00 horas) o Celta B coa necesidade de gañar para non verse descolgados dos postos de play-off. O equipo pontevedrés encadea tres saídas consecutivas perdendo, ao que se suma o empate na casa ante o Inter de Madrid

Adestramento do Pontevedra na Xunqueira
Adestramento do Pontevedra na Xunqueira / Mónica Patxot

Non hai marxe para o erro. O Pontevedra Club de Fútbol visita este domingo (12:00 horas) o estadio municipal de Barreiro, en Vigo, para enfrontarse ao Celta B con lle necesidade de sumar os 3 puntos en xogo se non quere descolgarse da pelexa por entrar no play-off.

A cita chega para os granates despois de tres derrotas consecutivas nas súas últimas saídas e un empate na casa ante o Inter, unha perda de puntos que quere compensar vencendo ao filial celeste.

"Creo que el equipo está con ganas de demostrar que fuera de casa también podemos sumar puntos y que podemos coger esa regularidad que necesitamos", asegura Luismi respecto diso.

O técnico granate non poderá contar para a cita con Nacho López e Álex González, ambos os dous sancionados, pero si co resto do primeiro plantel, incluído un Álex Fernández que "no está para jugar 90 minutos" pero que xa adestra co grupo e que a diferenza do pasado mércores, non foi descartado para a cita polo adestrador.

Ao tratarse dunha viaxe curta, Luismi actuará como nun choque na casa convocando a todos os dispoñibles para, unha vez no estadio, dar a lista definitiva.

En canto ao filial celtista, o preparador do Pontevedra defende que se trata dun equipo "peligroso" con "jugadores de talento y mucha calidad de medio campo hacia arriba", sinalando ademais que "el fichaje de Bermejo les está aportando mucho, incluso con goles".

O colexiado do encontro será o castelán-leonés Germán Cid Camacho.