O Poio Pescamar segue configurando o seu persoal para a próxima tempada cunha fichaxe de luxo para a posición de peche.
Trátase de Noelia Montoro (Mula, Murcia, 01/11/1997), que chega ao conxunto vermello procedente do CD Burela FS e cun impresionante palmarés ás súas costas, destacando o seu tres campionatos de Europa coa Selección Española.
Montoro comezou a súa andaina no fútbol sala no PDM Mula da súa localidade natal.
En 2014, fichou polo UCAM Elpozo Murcia, debutando en Segunda División e logrando o ascenso a Primeira dous anos despois, categoría na que se estreou en 2016.
O seu debut co combinado nacional chegou no ano 2018 e, no 2020, fichou polo STV Roldán, onde estivo dous anos antes de recalar no Burela.
Nos últimos tres cursos co equipo lucense proclamouse campioa de dúas Ligas, dúas Copas da Raíña, dúas Supercopas de España e unha Copa Galicia.
Coa chegada de Noelia Montoro, o técnico López-Tulla conta xa con dez futbolistas confirmadas no persoal para o novo curso.
A nova incorporación súmase ás fichaxes de Carolina Bravo e a gardameta Yanira, así como ás renovacións de Miri, Candea, Elena González, Ale de Paz, Martita, Èlia e Chuli.