O próximo rival do Pontevedra e líder da categoría, a Cultural Leonesa, volve contar con acento catarí nas súas filas, a poucos días de recibir no Reino de León aos granates.
Na súa volta aos adestramentos o equipo adestrado polo galego Rubén de la Barrera contou con novos futbolistas, procedentes dous deles de Aspire Academy de Qatar, accionista maioritario do club desde o 2014, e que pasan a reforzar un plantel xa de seu deseñado para dar o salto á Liga de Fútbol Profesional e que se mostrou polo momento como o mellor equipo do Grupo I da Segunda B.
Eses dous futbolistas de Aspire, os centrocampistas Abdullah Abdulsalam e Tarek Salman, incorpóranse ao equipo tras participar coa selección do seu país no Campionato Asiático Sub-19.
No caso de Abdulsalam, de 19 anos, pasa a formar parte do primeiro equipo do club leonés, polo que estaría dispoñible para debutar ante o Pontevedra se o seu técnico considérao oportuno, aínda que a falta de adestramentos xunto ao resto dos seus compañeiros fai complicado que a súa estrea se produza este mesmo domingo. Pola súa banda Salman contará con ficha do filial.
De la Barrera ten ademais estes días ás súas ordes ao Michael Farfan, aínda que non conta con ficha competitiva, en virtude do acordo de colaboración entre a Leonesa e o Seattle Sounders FC norteamericano.
A principal dúbida para o adestrador da Cultural antes de recibir aos granates é quen sustuirá a Álex Gallar na liña medular, ao estar sancionado por acumulación de amoestacións.