Remontada do Arxil para conseguir un importante triunfo en Zaragoza (57-59)

Pontevedra
30 de xaneiro 2016

O equipo pontevedrés refíxose a un mal primeiro cuarto e a unha rotación curta e terminou remontando nos instantes finais para conseguir o seu noveno triunfo da tempada

Partido entre Arxil e BF Aragón no CGTD
Partido entre Arxil e BF Aragón no CGTD / Diego Torrado

Temía ao Arxil ao cansazo. Pola viaxe e por afrontar o partido cunha rotación de só oito xogadoras, pero as verdes deron o do de peito para conseguir un importante triunfo na cancha do Baloncesto Femenino Aragón (57-59).

As pontevedresas superaron as adversidades e terminaron remontando un partido que comezou da peor maneira posible, cun primeiro cuarto no que as locais se desataron en ataque (28-18).

Mellorou lixeiramente o Arxil no segundo cuarto pero non foi ata despois do descanso, ao que se chegou 44-31, cando chegou a reacción. 

Apoiadas nunha inmensa defensa e a maior achega en ataque de xogadoras como Gordon, María Lago e Carla, as verdes comezaron a remontar desquiciando ás locais, que só anotaron 13 puntos en todo o segundo tempo.

O Arxil completou a xesta nos instantes finais para certificar a súa novena vitoria da tempada que lles fai situarse na zona media-alta da táboa.

Consulta aquí as estatísticas do partido.