Renovación na directiva do Leis Pontevedra

Pontevedra
01 de xuño 2017

David Barreiro, que xa formaba parte da directiva, é o novo presidente do histórico club pontevedrés en substitución de José Antonio Neto

David Barreiro (dereita) nunha asemblea de socios do Leis
David Barreiro (dereita) nunha asemblea de socios do Leis / Mónica Patxot

Unha vez concluída a tempada deportiva para os principais equipos do Leis Pontevedra, a actualidade no histórico club céntrase na súa dirección, que cambia de mans.

A recente asemblea de socios celebrada pola entidade pechouse coa renuncia de José Antonio Nieto a seguir na presidencia do club. En realidade Nieto, que alegou "problemas familiares e laborais", retirou a candidatura que encabezaba á elección da nova xunta directiva.

A outra candidatura encabezada por David Barreiro, directivo da entidade e antigo dirixente do Marcón FSF antes da fusión entre ambos os clubs, foi finalmente a elixida para poñerse á fronte do Leis.

Ademais de Barreiro, a nova directiva queda composta por Sergio García (secretario), Bryan Martínez (tesoureiro), Unai Acuña (vogal) e Iago Roel (vogal).

Na súa intervención ante os socios, o novo presidente do Leis Pontevedra presentou ademais a Miguel Lóez como coordinador deportivo e encargado, desde a próxima tempada, da dirección das categorías inferiores sendo adxunto á directiva.