Repartición de puntos (1-1) entre Ribadumia e Boiro nun partido histórico para a arbitraxe galega

O Salnés
13 de setembro 2015

Zulema González González é a primeira árbitra galega en dirixir un partido de Terceira. Un dato histórico para o fútbol galego que non ven só. No Ribadumia-Boiro Zulema González estivo acompañada de dúas asistentes. Xunto a Elena Casal Fernández e Alicia Andrés Silva formaron o primeiro trío arbitral completamente feminino nunha categoría nacional

Os dous capitáns co trío arbitral no partido entre Ribadumia e Boiro na Senra
Os dous capitáns co trío arbitral no partido entre Ribadumia e Boiro na Senra / Diego Torrado

Zulema González González é a primeira árbitra galega en dirixir un partido de Terceira. Un dato histórico para o fútbol galego que non ven só. No Ribadumia-Boiro Zulema González estivo acompañada de dúas asistentes. Xunto a Elena Casal Fernández e Alicia Andrés Silva formaron o primeiro trío arbitral completamente feminino nunha categoría nacional no que a fútbol en Galicia se refire.

O Ribadumia-Boiro era un partido interesante de por sí, pero a presencia de Zulema, Elena e Andrea aumentou considerablemente o impacto do mesmo, cunha repercusión mediática sen parangón na Senra.

A Zulema desexáronlle sorte antes do encontró o Presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, así como o Presidente do Comité Técnico de Árbitros, Fernando Iglesias, que estivo acompañado por membros da directiva e por un amplio número de compañeiros árbitros, que a quixeron acompañar neste día tan importante para ela.

En canto ao partido, Zulema tivo traballo, tanto que debeu mostrar a súa firmeza expulsando por dobre amoestación a dous xogadores locais, Nando no minuto 78, e Jonatan no 85, o que fixo que o Ribadumia terminase o partido con só nove homes sobre o campo.

Os locais adiantáronse no marcador aos 20 minutos cun gol de Nando, logrando manter a súa vantaxe ata os últimos instantes.

O Boiro aproveitou a superioridade numérica, precisamente por expulsión do goleador, Nando, para empatar a falta de sete minutos por medio de Herbert.

Logo viría a segunda expulsión para os aurinegros ao ver tamén a segunda amoestación Jonatan, pero o marcador xa non se movería.