Reyes Estévez apúntase ao Medio Maratón de Pontevedra

Pontevedra
01 de outubro 2022

O Medio Maratón de Pontevedra contará este ano cunha das figuras máis importantes que deu nos últimos anos o atletismo español: Reyes Estévez, exatleta de elite galardoado como mellor atleta no ano 1998

Reyes Estévez, exatleta de elite galardoado mellor atleta no ano 98
Reyes Estévez, exatleta de elite galardoado mellor atleta no ano 98 / Reyes Estévez / King's Project

O Medio Maratón de Pontevedra contará este ano cunha das figuras máis importantes que deu nos últimos anos o atletismo español: Reyes Estévez, exatleta de elite galardoado como mellor atleta no ano 1998.

Nacido en Cornellá de Llobregat en 1976, Reyes estará na liña de saída da popular proba deportiva pontevedresa do 16 de outubro, para a que, unha vez pechado o primeiro prazo de inscricións, xa hai case 400 rexistrados para participar na distancia longa de 21,5 quilómetros (1.400 prazas) e case 200 para a curta de 10 quilómetros (600 prazas). Ademais, na proba dos máis pequenos, presentada por primeira vez este ano, o numero de apuntados rolda os 40 rexistrados.

Reyes Estévez conta cun extenso palmarés, pero foi entre os anos 1993 e 2010 cando conseguiu os seus máximos logros. Entre eles atópanse os  bronces nos mundiais ao aire libre de Atenas 1997 e 1999; un campionato europeo en Budapest 1998; dous subcampeonatos, un en Lisboa 2001 baixo teito e outro en Munich 2002 ao aire libre; e dous terceiros posto no Europeo de Madrid 2005, un nos 1500 metros libres e outro nos 3000.

INSCRICIÓNS PARA O MEDIO MARATÓN

O primeiro prazo de inscricións para o Medio Maratón xa concluíu, pero lembran desde a Sociedad Gimnástica que aínda quedan prazas vacantes para quen queira apuntarse a participar.

As inscricións poden formalizarse a partir do portal carreirasgalegas.compor un custo de 25 euros para o medio maratón. Para a proba dos 10 quilómetros, o prezo para anotarse é de 15 euros.