Rías do Sur, escenario do Campionato Galego de Natación de Longa Distancia

Pontevedra
05 de novembro 2015

A piscina olímpica de Pontemuiños acollerá a primeira competición importante da tempada o vindeiro sábado 7 de novembro

Campionato Galego de Natación de Longa Distancia en Ponte Muíños
Campionato Galego de Natación de Longa Distancia en Ponte Muíños / Diego Torrado

Primeira gran competición da tempada na piscina olímpica de Pontemuiños coa disputa, o vindeiro sábado 7 de novembro, do Campionato Galego de Natación de Longa Distancia.

O Complexo Deportivo Rías do Sur será escenario dunha competición na que participarán 76 nadadores e que terá lugar na súa piscina de 25 metros.

A partir das 17:00 horas, os deportistas inscritos afrontarán 2.000 metros en categoría infantil e 3.000 metros na senior e absoluta.

Entre os 14 clubs participantes atópase o anfitrión, o Natación Galaico, que comparece con 14 nadadores: Cristian Fernández, Daniel Sánchez, Juan David Hernández, Alejandro Torres, Gerardo González, Alberto Rodríguez, Iria García, Paula Goyanes, Águeda Cons, Lara Gómez, Nuria Erselle, Inés Gómez, Henar Cons e Carla Goyanes.