Ribadumia e Selección Galega empatan na Senra (1-1)

O Salnés
18 de novembro 2015

A Selección Galega de Afeccionados empatou co Ribadumia na súa cuarta proba de preparación para a primeira fase da Copa das Rexións que se vai a disputar do 4 ao 6 de decembro en Almendralejo (Estremadura)

Partido entre o Ribadumia e a Selección Galega de afeccionados Federación Galega de Fútbol

A Selección Galega de Afeccionados empatou co Ribadumia na súa cuarta proba de preparación para a primeira fase da Copa das Rexións que se vai a disputar do 4 ao 6 de decembro en Almendralejo (Estremadura).

O combinado dirixido por Manu Fernández, que se fixo cargo da Selección tras a marcha de Juan Carlos Andrés á Real Sociedade, atopouse a un rival que xogou con gran intensidade na primeira parte, o que dificultou a saída de pelota.

Un gol con fortuna de Mou, xogador recentemente chegado ao Ribadumia, á media hora de xogo, permitiu ao equipo anfitrión adiantarse no marcador. A Selección Galega empataría cun gran tiro cruzado de Álex Pérez, no minuto 59.

Os cambios realizados por ambos os adestradores deixáronse sentir no ritmo de xogo da segunda parte, que foi moi inferior ao ofrecido na primeira.

CD RIBADUMIA (1): Manu Táboas; Pacheco, Jorge Fajardo, Miguel, Bugallo, Gabi, Julio Rey, Fran Matos, Mou, Changui e Nando. Tamén xogaron: Arán, Rodri Iglesias, Paco, Rodri Silva, Pablo Silva, Jon, Agus, Hugo, Juan e Antonio.

SELECCIÓN GALEGA (1): Cortegoso; Rubén Comesaña, Juan, Pablo Corzo, Portas, Sergito, Cañi, Leiro, Tomás, Adrián Camiño e Álex Pérez. Tamén xogaron: Viti, Diego, Rebollo, David García, Edi, Hugo Sanmartín e Hugo García.

Arbitro: Gonzalo Villanueva (Pontevedra), auxiliado nas bandas por Fontán Ruiz e Pérez Malvido.

Goles: (1-0) Minuto 30: Mou. (1-1) Minuto 59: Álex Pérez.

Incidencias: Campo Municipal da Senra (Ribadumia). Uns cen espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria dos falecidos nos atentados de París.