Roelio volve a Pasarón polo Nadal para un brinde copeiro

Pontevedra
19 de decembro 2022

O Pontevedra anuncia a través das súas redes sociais o regreso da súa mascota para o partido de Copa do Rei deste mércores contra o Tenerife

Xogadores e conselleiros do Pontevedra con Roelio, mascota do club, na Praza da Estrela
Xogadores e conselleiros do Pontevedra con Roelio, mascota do club, na Praza da Estrela / PontevedraViva

Como os turróns dunha coñecida marca, a mascota do Pontevedra tamén volve a casa polo Nadal. Roelio volverá estar sobre o céspede de Pasarón este mércores para animar o ambiente do partido de Copa do Rei que enfrontará ao conxunto granate co Tenerife. 

Para comunicar este esperado regreso, o club lembrou un dos episodios de maior popularidade do óso granate. Hai catro anos, Roelio saltou á fama polas bromas sobre o seu aspecto físico lanzadas polo cómico David Broncano no programa de entrentenimiento que presenta en Movistar: A Resistencia. 

Aínda que naquel momento o Pontevedra gardou silencio e evitou interactuar co programa a través das redes, agora decidiron recuperar o momento no que o himno do conxunto de Pasarón soou na Resistencia para anunciar o regreso da súa querida mascota.

Nos últimos anos, as aparicións de Roelio sobre o céspede do templo do Lérez foron esporádicas. Con todo, a noticia do seu regreso foi recibida con entusiasmo entre os fans granates, que confían en que o traxe da mascota que lembra a gloriosa época do Hai que Roelo non volva coller po nos almacéns de Pasarón. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora