Rogers non chega a tempo para viaxar a Granada

Pontevedra
18 de marzo 2016

O Peixe Galego busca achegarse ao ascenso nunha complicada saída á cancha do Covirán Granada, nun partido que se xogará este sábado ás 20:15 horas. De gañar, os de Marín se quedarína a só un triunfo do título

Tempo morto do Peixe Galego nun partido da tempada 15/16
Tempo morto do Peixe Galego nun partido da tempada 15/16

Sabe o Peixe Galego que pase o que pase non poderá lograr o ascenso esta semana, xa que un dos seus dous perseguidores sairá vitorioso do choque entre ambos, pero o cadro marinense pode dar un paso case definitivo cara ao título en Andalucía.

Os de Javi Llorente visitan a complicada cancha do Covirán Granada (sábado, 20:15 horas), un equipo conformado para pelexar polo salto de categoría pero que nas últimas semanas baixou o seu rendemento, con dúas derrotas consecutovas na casa.

A pesar diso os locais xóganse moito ante o Peixe para tentar chegar ao play-off con vantaxe de cancha.

O bloque marinense contará en Granada coa importante baixa de Gabe Rogers, que ao continuar con molestias preferiu non forzar para chegar en boas condicións ao seguinte partido na Raña. Non estará o máximo anotar peixe e tampouco Gregorio Adón, baixa os últimos partidos.

Javi Llorente queda con menos opcións no xogo exterior, polo que de novo homes como Pantín ou Javonte Green deberán aumir galóns desde o xogo interior para pelexar polo triunfo.

En caso de gañar, o Peixe Galego quedaría a unha sóla vitoria de asegurar matematicamente o ascenso.