Rouban en Madrid a bicicleta de competición de Pablo Dapena

Pontevedra
25 de setembro 2016

O triatleta pontevedrés facía noite en Madrid antes de desprazarse a Xixón para participar no Campionato de España de Clubs. Os ladróns asaltaron unha furgoneta onde se atopaba almacenado o material de competición de varios deportistas

Pablo Dapena, durante o Triatlón Pálmaces
Pablo Dapena, durante o Triatlón Pálmaces

Pablo Dapena denunciou o roubo da súa bicicleta de competición un día antes de afrontar o Campionato de España de Clubs co seu equipo, o Cidade de Lugo Fluvial.

O triatleta pontevedrés facía noite en Madrid antes de desprazarse a Xixón para participar este domingo no Nacional.

Os ladróns asaltaron unha furgoneta na que se almacenaba material de varios deportistas, aparcada preto do aeroporto de Barajas, ante o Axor Feria Hotel.

Segundo confirmou o propio Dapena á web Triatletas en Red, ademais da bicicleta foille subtraída unha roda lenticular e un potenciómetro por valor de máis de 8.000 euros.

Tamén foi roubada a bicileta da súa compañeira de equipo Alessia Orla.