Sábado de baloncesto co 3x3 na rúa do Arxil

Pontevedra
24 de agosto 2016

A Praza de España acollerá este sábado 27 de agosto un ano máis, e van 15, o torneo de verán organizado polo Arxil en colaboración do Instituto Municipal de Deportes

Torneo 3x3 urbano organizado polo Arxil na praza de España
Torneo 3x3 urbano organizado polo Arxil na praza de España / Diego Torrado

A Praza de España será escenario este sábado 27 de agosto un ano máis, e van 15, do Torneo Urbán 3x3 de baloncesto na rúa organizado polo Arxil co apoio do Instituto Municipal de Deportes.

A céntrica praza converterase nunha pista improvisada de baloncesto durante toda a xornada, desde as 11:00 ata as 20:30 horas nun evento xa consolidado na programación deportiva estival e popular, na que o ano pasado inscribíronse preto dun centenar de equipos.

Instalaranse varias canchas nas que competirán os diferentes equipos, desde a categoría benxamín ata a senior.

Ademais a programación completarase cun concurso de tiros libros e outro de triplos, que pasará a chamarse Concurso Tiago Gómez-Lor en homenaxe ao xogador pontevedrés falecido o pasado 23 de abril.