A máxima competición do fútbol sala feminino regresa esta fin de semana tras unha semana de parón pola disputa da Copa da Raíña.
O Poio Pescamar, desexoso por resarcirse da súa eliminación, visitará ao penúltimo clasificado: o Atlético Torcal. Mentres que o Marín Futsal terá que esforzarse ao máximo para romper a súa mala serie en casa contra o Ourense Envialia.
O cadro conserveiro se médira ao conxunto malagueño a partir das 18.30 horas do sábado. As de Manu Cossío parten co cartel de favoritas, tanto pola calidade dos seus xogadores como polos malos resultados das locais no seu pavillón: só foron capaces de conseguir dous empates.
Pola súa banda, o Marín Futsal recibe na Raña a partir das 17 horas ao Ourense Envialia, aspirante a meterse en postos de playoff polo título.
Con cinco puntos de vantaxe sobre o descenso, as de Raúl Jiménez precisan máis o triunfo por recuperar as boas sensacións de xornadas pasadas que por fuxir da zona de perigo.