Sant Adriá e Real Madrid, campións de España de baloncesto infantil en Pontevedra e Cambados

Pontevedra
21 de xuño 2015

As finais disputadas este sábado puxeron fin a sete días de intensa competición. Asombrosa actuación do xogador do Real Madrid Usman Garuba, con 57 de valoración na final

Sant Adriá, campión de España infantil de baloncesto en Pontevedra FEB

As finais disputadas no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra e O Pombal en Cambados puxeron fin este sábado a sete días de intensa competición nos campionatos de España de baloncesto infantil.

En categoría feminina, o equipo catalán de Sant Adriá alzouse co título tras vencer no partido definitivo o Uni Girona, que dera a sorpresa en semifinais ao eliminar ao UVA Ponce, vixente campión ata ese momento.

O Uni Girona plantu cara ás barcelonesas, chegando en vantaxe ao descanso, pero viuse superado con claridade na segunda metade (43-62).

Pola súa banda na competición masculina o gran vencedor foi o Real Madrid, tras gañar na final a Unicaja de Málaga por un contundente 98-62.

Sorprendeu a actuación do madridista Usman Garuba, con 57 de valoración na final que lle valeu para ser declarado como xogador máis valioso do partido.

Garuba foi tamén MVP do torneo, ademais de máximo anotador e reboteador do campionato.

La Salle Tenerife completou o podio en categoría feminina e o FC Barcelona na masculina tras vencer respectivamente a UVA Ponce e Movistar Estudiantes no partido polo terceiro posto.