Tras unha semana dominada pola actualidade nos despachos, a parte deportiva retoma ao primeiro plano en Santander para o Teucro.
O Go Fit Sinfín mide este sábado (17:15 horas no pavillón de La Albericia) a reacción dos azuis, que pouco a pouco van recuperando efectivos despois da praga de lesións que lle vén afectando nas últimas datas.
Nesta xornada Javier Barrios poderá contar xa con Víctor Rodríguez, aínda que o xogador estea aínda "al 50% físicamente, pero puede ayudarnos en algunas fases".
O técnico teucrista recoñece que ven "la luz al final del túnel", pois os problemas foron reducíndose e os adestramentos gañando en intensidade: "esta semana hemos entrenado bien, y además hemos hecho un seis contra seis a todo el campo por primera vez desde enero".
Barrios só terá as baixas de David Chapela e de Juan Bar, pero no caso do arxentino o adestrador é "optimista para una pronta recuperación", xa que empezou a adestrar co grupo por primeira vez dende a súa operación de xeonllo.
En canto ao partido ante o Sinfín, actual cuarto clasificado, prevese unha cita complicada ante "un rival que ha ido creciendo a medida que sus jugadores jóvenes han ido cogiendo tablas", recoñece o preparador teucrista.
A parella arbitral para este encontro será a composta polos aragoneses Peñaranda Ortega e Yagüe Moros.