Santi Malvar defende en Turquía a súa prata europea de parataekwondo

Pontevedra
25 de novembro 2014

O deportista pontevedrés do Mace Sport afronta o xoves 27 de novembro o III Campionato de Europa de Parataekwondo co obxectivo de repetir presenza no podio

Santi Malvar durante unha competición
Santi Malvar durante unha competición / Mace Sport

Co obxectivo de volver subir ao podio, así parte o pontevedrés Santi Malvar rumbo a Belek (Turquía), onde este xoves 27 de novembro se disputa o III Campionato de Europa de Parataekwondo.

O deportista do Mace Sport defende a segunda praza lograda hai un ano en Bucarest na categoría de -80 quilos.

Malvar ten no seu palmarés unha medalla nun Mundial, a lograda no ano 2012 en Aruba.

Tamén estará en turquía a caldense Lúa Piñeiro, se é o caso para participar co seu actual club, o Natural Sport, no Campionato de Europa de Clubs.