Sanxenxo levanta o pano do mundial de vela da clase 6 metros

Sanxenxo
13 de xuño 2022

O village do Real Club Náutico de Sanxenxo deu hoxe o pistoletazo de saída para a cita mundial coa celebración da cerimonia de inauguración. Ás 13 horas deste martes está programada a primeira regata

Cerimonia de inauguración do mundial de vela da clase 6mR no Real Club Náutico de Sanxenxo
Cerimonia de inauguración do mundial de vela da clase 6mR no Real Club Náutico de Sanxenxo / María Muiña - Xacobeo 6mR Worlds

O Real Club Náutico de Sanxenxo acolleu este luns a cerimonia de inauguración do Xacobeo 6 mR Worlds, proba que comeza este martes cun total de 40 equipos en liza representando a 15 nacionalidades. A frota, que xa se viu as caras esta fin de semana na Regata Rey Juan Carlos I O Corte Inglés Máster, prepárase para pelexar durante o próximos cinco días polo ansiado título mundial da clase 6 Metros.

O acto de inauguración comezou ás 20 horas coa actuación da Banda de Música da Escola Naval de Martín percorrendo as instalacións do porto deportivo desde o varadero ata chegar RCNS, onde foron recibidos por Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo; Ildefonso de Campa, director de administración do Xacobeo; Daniel Arosa, concelleiro de Deportes do Concello de Sanxenxo; e Pedro Campos, presidente do club organizador.

A continuación, tivo lugar a recepción a todos e cada un dos equipos participantes no Xacobeo 6 mR Worlds 2022. Telmo Martín foi o encargado de dar a benvida ás tripulacións e fíxoo afirmando que “estamos encantados de recibirvos e espero que a nosa hospitalidade e gastronomía axude para que poidades competir ofrecendo o mellor de vós mesmos”. 

A partir das 13 horas deste martes, o Comité de Regatas dará a saída para a primeira proba das oito que están programadas ao longo das cinco xornadas que durará o Xacobeo 6 mR Worlds.
 
Os dous defensores do título, Bribon 500 en Clásicos e Junior en Open, parten como dous dos favoritos para alzarse co cetro mundial, aínda que ambos saben que nesta ocasión a frota non llo poñerá nada fácil. Os vencedores da Regata Rey Juan Carlos I O Corte Inglés Máster desta pasada fin de semana, o romanés Essentia e o suízo Momo, son dous dos equipos que tamén apuntan a estar na cabeza, así como o Stella de Violeta Álvarez, os portugueses Scoundrel One e Seljm e o británico Battlecry, entre outros, dentro da división Open mentres que en Clásicos tamén destacan o finlandés Astrée III de Ossi Paija, o Titia de Alicia Freire ou o francés Dix Août de Louis Heckly.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora