Saúl Campo, sobre a pretempada teucrista: "Buscamos sensaciones y creo que las estamos encontrando"

Pontevedra
01 de setembro 2016

O lateral teucrista foi presentado oficialmente este xoves xunto ao seu compañeiro Ángel Iglesias. Ambos compartiron as sensacións que lles transmite o equipo a poucos días de que comece a liga na División de Honra Prata

Presentación de Saúl Campo e Ángel Iglesias como xogadores do Teucro
Presentación de Saúl Campo e Ángel Iglesias como xogadores do Teucro / Cristina Saiz

A pouco máis dunha semana para que de comezo a tempada na División de Honra Prata, o Teucro afina a súa preparación e tenta axustar aos seus novos xogadores nun plantel renovado que pretende aspirar a pelexar polos postos de honra.

Entre eles atópanse Saúl Campo e Ángel Iglesias, dúas das fichaxes do verán e que iniciaron este xoves a rolda de presentacións oficiais.

Campo, lateral cántabro de 22 anos, móstrase optimista coa progresión do equipo durante a pretempada e asegura que a pesar de non estar a buscar "resultados en pretemporada, buscamos sensaciones y creo que las estamos encontrando".

Unha boa proba de nivel pode ser esta fin de semana a fase final da Copa Galicia, cun partido ante o Cisne en semifinais, aínda que Ángel Iglesias avisa, "pase lo que pase el resultado que se dé no va a ser real con respecto a la liga".

O xoven extremo coruñés, pretendido xa noutras ocasións polo Teucro, recoñece que "me gusta el estilo de juego" que propón Quique Domínguez e que lle fai sentirse "muy cómodo" na cancha.

Boas sensacións que deberán ser referendadas a partir do 10 de setembro, data do debut ligueiro en Zamora.