Se queres iniciarte no waterpolo tes unha cita o 6 de setembro

Pontevedra
02 de setembro 2023

A piscina de Campolongo será escenario os luns, mércores e venres entre as 16:00 e as 18:00 horas para que os nenos nados entre o 2012 e 2016, e nenas entre 2009 e 2016, se inicien neste completo deporte

Base do Club Waterpolo Pontevedra
Base do Club Waterpolo Pontevedra / CW Pontevedra

Co inicio do novo curso, o Club Waterpolo Pontevedrá empeza a partir do mércores 6 de setembro as súas xornada de portas abertas para os nenos e nenas que queiran iniciarse neste deporte.

A piscina de Campolongo será escenario os luns, mércores e venres entre as 16:00 e as 18:00 horas para que poidan probar os nenos nados entre o 2012 e 2016, e nenas entre 2009 e 2016.

Así mesmo, os deportistas do club comezarán este luns 4 de setembro os adestramentos. O alevín masculino (2012-2013) en Campolongo; e o alevín e infantil feminino (2009-2013) na piscina de Rías do Sur.

Desde o club sinalan que no caso do infantil masculino será necesario poñerse en contacto coa entidade a través do correo electrónico ou do teléfono 604 002 018

Ademais, para poder acudir ás probas é necesario cubrir un formulario de inscrición que poderá atoparse na web do club ou nesta ligazón.