Segue imparable o Peixegalego, que non dá opción ao Covirán Granada (88-68)

Marín
05 de decembro 2015

Quinto triunfo consecutivo dos de Javi Llorente na LEB Prata, que se manteñen a unha vitoria do liderado tras dominar ao Granada desde o inicio de partido

Partido entre Peixegalego e Covirán Granada
Partido entre Peixegalego e Covirán Granada / Diego Torrado

Non hai quen pare ao Peixegalego, o equipo máis en forma da liga LEB Prata. Así o demostraron os pupilos de Javi Llorente na visita do Covirán Granada, ao que arroiaron por un claro 88-68.

Os de Marín marcaron distancias desde os primeiros minutos para dominar o electrónico con claridade ao final do primeiro cuarto (23-16).

Os sete puntos de renda ampliáronse ao descanso ata os 22 (51-29) grazas ao acerto en ataque de homes como Adón (19), Rogers (17) e Green (16) e un gran nivel defensivo.

O Granada só conseguiu maquillar o resultado no último cuarto, sen chegar a inquietar aos locais, que sumaron o seu quinto triunfo consecutivo.

Consulta aquí as estatísticas do partido.