Cada vez queda menos para pechar a composición do equipo na Sociedad Deportiva Teucro, que se garantiu xa a continuidade de boa parte do plantel que logrou o ascenso á máxima categoría.
En Liga Asobal precisamente debutará un home da casa, criado na canteira do club e que renovou o seu contrato por unha tempada máis.
Trátase de David Chapela, que continuará ás ordes de Quique Domínguez na busca da continuidade que lle faltou o último ano por culpa das lesións.
O central pontevedrés volverá a ser importante en labores defensivos e aspira a asentarse tamén na rotación ofensiva do equipo.
Con esta renovación son once os nomes confirmados no equipo azul.