Segunda defensa do liderado para un Teucro que se xoga "as castañas" en Asturias

Pontevedra
20 de xaneiro 2017

Os azuis visitan este sábado (20:00 horas) a pista dunha das revelacións da competición, o Grupo Covadonga, conscientes da importancia de non fallar a estas alturas da tempada. "Al contrario de los que se cree, que nos vamos a jugar las castañas al final de temporada, yo creo que nos las estamos jugando ya", defende Quique Domínguez

Quique Domínguez durante un adestramento do Teucro
Quique Domínguez durante un adestramento do Teucro

Non hai décimo cuarto malo. É o que buscará a Sociedad Deportiva Teucro este sábado (20:00 horas) na pista do Grupo Covadonga asturiano, a súa décimo cuarta xornada sen perder (leva 12 vistorias e un empate nos seus últimos 13 partidos).

Os azuis son concientes da importancia que ten non fallar durante estas xornadas, para chegar ao final da competición con opcións de ascenso directo. "Al contrario de los que se cree, que nos vamos a jugar las castañas al final de temporada, yo creo que nos las estamos jugando ya", defende Quique Domínguez.

Así se expresou o técnico pontevedrés antes de visitar a unha das revelacións da competición na División de Honra Prata, un Grupo Covadonga colocado na novena posición e que "está haciendo las cosas bien", sinala Domínguez.

"Es un equipo que te hace estar muy incómodo en la pista, con juego lento y pausado", recoñece, baseado "en la experiencia y calidad de jugadores como Jorge Martínez en la portería y el buen hacer de Alexis o Prendes".

Precisamente as xogadas con dobre pivote, con estes dous xogadores sobre a cancha, son unha das características dos asturianos e cuxa defensa traballou durante a semana o equipo teucrista.

A expedición pontevedresa desprazarase a Asturias o mesmo día do partido e con só unha baixa nas súas filas, a do lesionado de longa duración José Manuel Rial. O resto do plantel está a disposición do seu técnico.

Os colexiados do encontros serán o manchego Mohedano Fernández e o andaluz Peirs Orts.