Segunda vitoria na pretempada do Teucro, esta vez ante o Ismai portugués

Pontevedra
14 de agosto 2018

O equipo pontevedrés afrontou este martes o seu segundo encontro amigable do verán, o primeiro no Municipal, nunha cita xa clásica de pretempada ante o Ismai Maia portugués. O sábado 18, seguinte compromiso ante o ABC Braga tamén en Pontevedra

Partido amigable entre Teucro e Ismai no Municipal
Partido amigable entre Teucro e Ismai no Municipal / PontevedraViva

A Sociedad Deportiva Teucro afrontaba este martes o seu segundo compromiso amigable da pretempada, o primeiro ante o seu público no Pavillón Municipal dos Deportes, e de novo levou o triunfo.

O conxunto pontevedrés impúxose por 34 goles a 22 ao Ismai Maia portugués, nunha cita xa clásica do período estival.

Luís Montes contaba con todo o plantel á súa disposición para afrontar a cita salvo o aínda lesionado Iván Fernández e Domingo Luís, que se atopa coa Selección Española Xuvenil, e repartiu minutos entre todos os xogadores.

Xornada de probas e de ir afinando na preparación cun choque no que mandaron no electrónico desde os compases iniciais.

Pechado o seu segundo amigable, o próximo compromiso para os azuis será o vindeiro sábado ante o ABC Braga, de novo no Municipal.
Palabras descoñecidasCopiar