Segundo derbi consecutivo para o Arxil, que se enfrontará ao Cortegada en Vilagarcía

Pontevedra
18 de outubro 2018

Tras xogar contra o Celta Zorka, o Arxil prepárase para disputar un novo derbi provincial. As de Mayte Méndez desprazaranse o sábado a Vilagarcía de Arousa para enfrontarse no pavillón de Fontecarmoa (19.30 horas) ao Cortegada

Partido de Copa Galicia entre Arxil e Maristas
Partido de Copa Galicia entre Arxil e Maristas / Diego Torrado

Tras xogar contra o Celta Zorka, o Arxil prepárase para disputar un novo derbi provincial. As de Mayte Méndez desprazaranse o sábado a Vilagarcía de Arousa para enfrontarse no pavillón de Fontecarmoa (19.30 horas) ao Cortegada.

Este partido, xa todo un clásico do baloncesto galego, sempre é tremendamente disputado.

Os técnicos do club pontevedrés esperan un derbi sen favoritos claros e moi parello entre ambos os equipos, no que nin a traxectoria nin os estados de forma pesarán tanto como a rivalidade entre estes dous clubs, que igualan forzas cando están na pista.

O Arxil chegará a este partido coa novidade de Margarita Moreira, que non disputou o partido contra o Cortegada en Copa Galicia por lesión.

Ademais, tamén estará dispoñible a pivote estadounidense Cassie Oursler, que chegou hai unhas semanas a Pontevedra para cubrir a saída de Sierra Clark.