A liga queda por uns días ao carón para Poio Pescamar e Marín Futsal, que se centran na ilusión por chegar á fase final da Copa da Raíña.
A dous partidos de logralo están os dous equipos, que esta semana afrontan a segunda rolda da competición.
Será a rolda de 1/16 de final, a primeira cos equipos da máxima categoría en liza.
Para o Poio Pescamar é a oportunidade de deixar ao carón as súas dúas derrotas consecutivas cunha competició que esperta sempre ilusión.
No seu caso o duelo de 1/16 de final esconde un duelo trampa, e é que a pesar de visitar a cancha dun equipo da Segunda División farano ao dun dos líderes da segunda categoría e máximo aspirante ao ascenso, o AE Penya Esplugues catalán, que domina o seu grupo sen ter encaixado aínda unha derrota esta campaña (9 vitorias e 1 empate).
Este partido será dos primeiros en disputarse, este martes 26 de novembro ás 18.45 horas.
Pola súa banda o Marín Futsal xogará o mércores ás 20.00 horas na cancha do Leganés.
Neste caso a rival marcha na novena posición actual na Segunda División, unha categoría que loita por eludir en liga o conxunto marinense tras caer a postos de descenso despois dos seus últimos resultados.