A competición ligueira non para na División de Honra Prata de balonmán e a Sociedad Deportiva Teucro, sen apenas descanso desde o triunfo do sábado ante o Tolosa, afronta unha nova xornada cun esixente desprazamento.
O cadro pontevedrés visita este martes (20:30 horas, pavillón Vicente Trueba) a pista do Balonmano Torrelavega, un equipo recentemente ascendido pero que "en su pista se está mostrando muy fuerte", recoñece Quique Domínguez.
Non en balde o equipo cántabro conta con 4 puntos como o Teucro, gañou no que vai de liga a Bordils e Alcobendas e puxo en apertos a dous dos líderes, Barcelona B e Palma del Río.
Trátase de "una gran plantilla, con jugadores de calidad, con un buen fondo de armario y que combina a la perfección jugadores muy experimentados y jóvenes de gran proyección", sinala o técnico azul.
Quique Domínguez repite a convocatoria do pasado sábado buscando a primeira vitoria a domicilio en liga, polo que Edu Moledo mantense como baixa por lesión e volven entrar no equipo dous xogadores do filial, Sergio Altirriba e Aarón Díaz.
O partido será arbitrado polos navarros García San Martín e Roy Añón.