Sergio Lloves, primeira fichaxe do Pontevedra 2014-2015; David Feito, renova o seu contrato co club

Pontevedra
09 de xullo 2014

Foi un dos nomes que soou con maior insistencia nos últimos días e finalmente se confirmou. Sergio Lloves convértese na primeira fichaxe para o Pontevedra 2014-2015. O porteiro apalabrou xa o contrato que o unirá ao club a próxima tempada, segundo puido confirmar PontevedraViva de fontes próximas ao club

David Feito nun adestramento en A Xunqueira
David Feito nun adestramento en A Xunqueira / Mónica Patxot

Foi un dos nomes que soou con maior insistencia nos últimos días e finalmente se confirmou. Sergio Lloves convértese na primeira fichaxe para o Pontevedra 2014-2015. O porteiro apalabrou xa o contrato que o unirá ao club a próxima tempada, segundo puido confirmar PontevedraViva de fontes próximas ao club.

O porteiro redondelano regresa ao Pontevedra, equipo no que militou na tempada 2012-2013. A final dese ano fichou polo ÿlafsvik Vikingur, un equipo da Primeira División de Islandia. Unha experiencia que non durou moito. O propio Lloves recoñecía que a adaptación ao país escandinavo non foi doada. Volveu á casa o pasado mes de febreiro e xogou no Villalonga, en Rexional Preferente, ata final de tempada.

A pesar das ofertas de clubs como o Compostela e o Somozas, Lloves inclinouse finalmente por retornar á cidade de Lérez. En principio, terá que pelexar o posto de titular da portaría granate con Edu, a quen o Pontevedra lle ofreceu a renovación por un ano máis.

DAVID FEITO, PRIMEIRO EN RENOVAR

Precisamente neste capítulo de renovacións hai novidades. Tras anunciar o club o nome dos xogadores aos que quería manter no equipo, David Feito confirmou a través da súa conta persoal de Twitter que aceptou a oferta da directiva. Seguirá un ano máis no Pontevedra.

O lateral esquerdo sevillano incorporouse á disciplina granate a pasada tempada, procedente do Coria, equipo da súa localidade natal. Foi titular indiscutible durante toda a tempada. Só perdeuse un partido en todo o ano e marcou tres goles, todos eles de penalti.