Sergio Vallejo recibe o respaldo do Concello de Poio cun novo patrocinio

Poio
11 de maio 2021

O padexeiro, nunha tempada complicada na que un problema de saúde enterrou as súas opcións olímpicas, renovou o acordo de patrocinio co Concello de Poio por ser "un dos nosos grandes embaixadores ao máis alto nivel de competición"

Luciano Sobral, Marga Caldas e Sergio Vallejo
Luciano Sobral, Marga Caldas e Sergio Vallejo / Concello de Poio

Está a ser unha tempada complicada para Sergio Vallejo, ao que un problema de saúde impediulle loitar en igualdade de condicións por estar nos Xogos Olímpicos de Tokyo. A culpa, como el mesmo explicou tras o selectivo nacional de Trasona, tena o virus de Epstein- Barr, pero el non renunciou ao seu empeño de manterse na elite.

Por iso todo apoio é ben recibido, e máis se chega desde casa.

O Concello de Poio renovou o convenio de patrocinio co padexeiro do Piragüismo Poio Pescamar porque é "un dos nosos grandes embaixadores ao máis alto nivel de competición", sinalaron tras a firma o alcalde, Luciano  Sobral, e a edil de Deportes, Marga Caldas.

Vallejo recibe desta forma unha axuda directa dentro dunha liña de subvencións dirixidas a entidades e deportistas locais que compiten na elite, como é o caso tamén do Poio Pescamar de fútbol sala ou o Club Balonmán Poio- Artai.

Trátase dun patrocinio que se manterá en vigor esta tempada 2020-2021.

A maiores o Concello vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) as bases das axudas que se repartirán entre o tecido deportivo de Poio, cun orzamento total de pouco máis de 117.000 euros.