Sesión formativa no CGTD para os árbitros galegos de loita

Pontevedra
24 de xaneiro 2022

Colexiados internacionais formaron aos participantes nas modalidades de loitas olímpicas, grappling-gi e loita sambo

Clínic sobre arbitraxe de loita impartido en el CGTD
Clínic sobre arbitraxe de loita impartido en el CGTD

A Federación Galega de Loita organizou o pasado sábado nas instalacións do CGTD un clínic sobre arbitraxe dirixida polo Colexio Galego de Árbitros.

Galicia é a comunidade autónoma que máis árbitros achegou aos últimos cursos de ascenso a categoría nacional, entre as que destacan Verónica Pérez, Nerea Vila (deportista internacional coa selección Española), Vanesa Muiños ou Iria Carrera, que agora son os novos valores da arbitraxe galega.

Coa colaboración dos colexiados internacionais Anxo Amor, Marcos Araujo e Daniel Fernández; e do nacional Jorge Garrido, o clinic estivo dividido en tres áreas, que son as modalidades deportivas, que terán os campionatos galegos neste comezo de ano: Loitas Olímpicas, Grappling- Gi e Loita Sambo.