Sexto récord nacional do ano para Hugo Casañas

Pontevedra
21 de maio 2024

O xove atleta do Rías Baixas mellorou en 22 centímetros o seu anterior pluscarma nacional en lanzamento de peso de categoría Sub-16

VI Torneo de Reis de Atletismo no CGTD
VI Torneo de Reis de Atletismo no CGTD / PontevedraViva

Hugo Casañas segue a bater récords e asombrando a todo o atletismo nacional.

O xove lanzador do Atletismo Rías Baixas vén de conseguir a súa sexta plusmarca nacional do ano. Fíxoo no Torneo Nacional Olímpico Jovem disputado na localidade portuguesa de Lagoa.

O pupilo de Frank Casañas levou o triunfo no lanzamento de peso Sub-16, grazas a un segundo intento que se foi aos 22.23 metros. Esta cifra supón 22 centímetros máis que o seu anterior récord de España.

Para dar outra perspectiva da altura do logro, o mellor lanzamento do segundo clasificado na competición, Emerson Pereira, foi de 14.12 metros, ata oito metros menos que o pontevedrés.