Siareirxs Granates convoca unha xornada de "granatismo e unión" para despedir a tempada

Pontevedra
01 de xuño 2022

O colectivo de afeccionados do Pontevedra Club de Fútbol prepara unha festa de fin de tempada que terá lugar o vindeiro sábado 4 de xuño cunha churrascada popular en Ponte Muíños, torneo de fútbol, de futbolín e algunha sorpresa

Partido de liga entre Pontevedra e Salamanca CF UDS en Pasarón
Partido de liga entre Pontevedra e Salamanca CF UDS en Pasarón / Cristina Saiz

Foi unha tempada feliz no deportivo, co ascenso a Primeira RFEF do Pontevedra Club de Fútbol e unha unión entre afección e xogadores que case non se lembraba, por iso Siareixs Granates convoca unha xornada festiva de "granatismo e unión" para despedir o curso ao grande.

O colectivo de seguidores do Pontevedra anunciou unha serie de actividades que se desenvolverán o vindeiro sábado 4 de xuño, e ás que animan a participar a todo o que o desexe.

Entre os puntos destacados da xornada aparece ás 10.00 horas da mañá un torneo de fútbol que se disputará no pavillón de Tenorio, con equipos de 5 xogadores e premios para os gañadores.

Despois a actividade trasladarase ata Ponte Muíños, ao Tronko Bar, onde ás 15.00 horas terá lugar unha churrascada popular cun prezo de 8 euros, ademais dun torneo de futbolín a partir das 18.00 horas.

Siareixs avanza tamén que se producirá "algunha sorpresa máis". Unha gran forma de pechar unha tempada que quedará no recordo polo festexado ascenso do equipo.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora