Silvia Deira e Manuel Piñeiro, vencedores do Campionato Galego de Dúatlon Cros

Poio
04 de febreiro 2018

O XII Dúatlon Cros  Concello de Poio celebrouse este domingo en Samieira e contou na proba feminina María José Martínez como vencedora, pero non puido proclamarse campioa galega ao non contar con licenza coa federación

XII Dúatlon Cros Concello de Poio
XII Dúatlon Cros Concello de Poio

Samieira acolleu este domingo o XII Dúatlon Cros Concello de Poio, Campionato Galego da especialidade.

Silvia Deira (Olímpico de Vedra) e Manuel Piñeiro (Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse campións autonómicos nunha proba que contou con 60 inscritos.

Na categoría feminina gañou a carreira María José Martínez, que non tiña opcións de loitar polo título galego ao non contar con licenza coa Federación Galega de Tríatlon. Cimentou o seu triunfo na bicicleta. Silvia Deira foi segunda e a terceira posición (e segunda galega) foi ocupada por Belén Lemat (Cidade de Lugo Fluvial), mentres que o bronce no galego foi para Lorena García (Mar de Vigo).

Na categoría masculina o control absoluto desde o primeiro segmento foi de Manuel Piñeiro, quen foi o máis rápido nos tres sectores. A segunda posición foi para Marcos Mayo (Tríatlon O Treito) e a terceira para David Calzas, do Tríatlon Costa da Morte.

A proba, que estreaba circuíto ciclista, contou dun primeiro sector de 6 quilómetros de carreira, outro de 21 quilómetros de ciclista e un terceiro e último segmento con 3 quilómetros de carreira a pé.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora