Sobremesa de balonmán ante o Huesca para un Teucro que busca "otro saltito" cara á permanencia

Pontevedra
09 de marzo 2018

As esixencias da televisión obrigan a adiantar o horario habitual de xogo aos pontevedreses, que reciben este sábado no Pavillón Municipal dos Deportes (17:00 horas) ao Huesca nunha nova xornada da Liga Asobal

Dani Hernández, nun adestramento do Teucro
Dani Hernández, nun adestramento do Teucro / Mónica Patxot

Volve a Liga Asobal ao Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra, despois de dúas xornadas consecutivas con encontros a domicilio para o Teucro, pero faio nun horario pouco habitual por esixencias da televisión.

Os azuis reciben este sábado (17:00 horas, Movistar+) ao Huesca coa intención de seguir sumando e achegarse ao obxectivo da permanencia.

"Ojalá que contemos con un poquito más de respaldo que tuvimos el miércoles en el partido de Copa", pide Quique Domínguez á súa afección consciente de que dous puntos supoñerían dar "otro saltito en la clasificación" e que non será un encontro sinxelo, xa que o Huesca é "un gran bloque".

"Cuentan con un 6-0 sólido fuerte, con jugadores buenos en el uno contra uno. Uno de sus puntos fuertes son los contraataques", analiza o técnico pontevedrés, que agarda un partido "de mucha lucha, de mucha intensidad".

Do mesmo xeito que na xornada de Copa do mércores, o Teucro deberá tratar de superar as adversidades en forma de lesións, que manteñen de baixa a Carlos García, Óscar Silva e Rial e como dubida a Juan Quintas.

O plantel pontevedrés contou con pouco tempo de recuperación pero "el Huesca está en la misma situación que nosotros", sinalou Dani Hernández, quen asegura estar "mentalizados y preparados para hacer un buen partido".

Os colexiados encargados de dirixir o encontro serán os cataláns Escoda Pérez e Sánchez Bordetas.