Xa hai sede para a Fase Final da Copa da Raíña de Fútbol Sala, á que chegou por segundo ano consecutivo o Poio Pescamar.
O conxunto conserveiro soña con alcanzar o seu primeiro título nacional tras telo rozado xa en varias ocasións.
Sente con confianza para poder logralo, por que non?, nunha competición sempre especial como a Copa.
Segundo deu coñecer este luns a Real Federación Española de Fútbol, o desenlace copeiro coa súa Fase Final celebrarase do 1 ao 3 de maio no Pabellón Móstoles Sur, desta localidade madrileña.
Trátase dunha instalación de menor aforamento que as seleccionadas nos últimos anos, con apenas medio milleiro de butacas dispoñibles.
Para o que aínda haberá que esperar uns días é para coñecer os emparellamentos de cuartos de final.
Competirán na fase decisiva da Copa da Raíña, ademais do Poio Pescamar, o Arriva AD Alcorcón FSF, MRB Móstoles FSF, FSF Castro Bloques Cando, Nueces de Ronda Atlético Torcal e Melilla CD Torreblanca de Primeira División xunto ao Lainco Esportiu Rubi FS e CDE Leganés Masdeporte de Segunda División.
No que respecta ao cadro vermello, clasificado tamén para a final da Copa Galicia, chegou á fase final de Copa tras superar a domicilio o Almagro en segunda rolda e na Seca o Futsi Atlético Navalcarnero en oitavos de final nun emocionante duelo que se decidiu na prórroga.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.