Sorteado o calendario de liga 22/23 para Arxil e Cortegada na Liga Feminina 2

Pontevedra
13 de xullo 2022

A competición na terceira categoría do baloncesto feminino nacional dará comezo o 1 de outubro con compromisos en casa para os dous equipos da provincia

Partido de Liga Feminina 2 entre Arxil e Cortegada
Partido de Liga Feminina 2 entre Arxil e Cortegada / Cristina Saiz

O Club Baloncesto Arxil e o Mariscos Antón Cortegada de Vilagarcía xa coñecen o camiño que lles espera a próxima tempada na Liga Feminina 2, tras o sorteo do calendario celebrado pola Federación Española de Baloncesto.

Os dous equipos da provincia en competición estrearán o curso na casa, o 1 de outubro, recibindo o Arxil ao Costa de Almería e o Cortegada ao Maristas da Coruña.

Despois desa xornada inaugural chegarán dúas saídas consecutivas para as pontevedresas, fronte ao Magectías canario e o BF León, mentres que as de Vilagarcía visitarán nesas datas ao Unibasket Logroño e xogarán de novo na súa pista fronte ao Costa de Almería.

A liga regular concluirá o 8 de abril cos partidos Arxil-Unibasket Logroño e Cortegada-Tirso Incentro.

No que se refire aos derbis provinciais, xogaranse o 29 de outubro (xornada 5) en Vilagarcía e o 11 de febreiro (xornada 18) na capital provincial.

Consulta aquí o calendario completo da tempada 22/23 na Liga Feminina 2.