Sufrida vitoria do Peixe Galego ante o Getafe para manter vivo o soño do ascenso (92-86)

Marín
27 de febreiro 2016

Os de Marín tiveron que empregarse a fondo para derrotar na Raña ao pechacancelas da competición, o Viven Getafe, nun partido que non se decidiu ata os minutos finais

Tempo morto do Peixe Galego nun partido da tempada 15/16
Tempo morto do Peixe Galego nun partido da tempada 15/16

Suou máis da conta o Marín Peixe Galego na visita ao pavillón da Raña do pechacancelas da LEB Prata, o Viven Getafe (92-86).

Os pupilos de Javi Llorente non atoparon o seu mellor xogo e non puideron pechar o choque ata os minutos finais, nos que demostraron a súa maior tranquilidade para levar o partido.

O Peixe afrontaba o choque coa ausencia de Gregorio Adón, que se notou nun igualado primeiro cuarto (19-18).

No segundo período os locais apertaron en ataque para abrir brecha ao decanso (47-37) e parecer que encarrilaban o partido, pero nada máis lonxe da realidade. O Getafe non se desconectou e reduciu distancias tras o descanso para chegar con vida ao cuarto definitivo (66-61).

Foi entón cando a templaza do cadro 'peixe' resultou decisiva, apoiada nos bos números ofensivos de Rogers (23 puntos), Javonte Green (21 puntos) ou Alejandro Navajas (18) para manter vivo o soño do ascenso directo, que xa está unha xornada máis preto.

Consulta aquí o acta do partido.