O temporal de neve obrigou a tomar unha dráctica decisión á Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) para garantir a seguridade de deportistas e público.
O organismo federativo acordou a suspensión da xornada deportiva deste sábado 24 de xaneiro en todas as súas competicións e en toda a comunidade.
Esta medida afecto a todas as categorías autonómicas de fútbol e fútbol sala tanto masculino como feminino e de base.
Ademais engádense á lista competicións nacionais delegadas como son a 3ª Federación, a Liga Nacional Xuvenil e a Terceira División de Fútbol Sala.
O Comité de Competición outorga 2 días hábiles de prazo para que os clubs fixen de mutuo acordo un nova data de celebración de cada un dos partidos afectados.
Si se manteñen os partidos previstos para a xornada deste domingo 25 de xaneiro.
"Pedimos comprensión ante esta medida que busca priorizar a seguridade de todos os que formamos a gran familia do fútbol e do fútbol sala de Galicia. Do mesmo xeito solicitamos a máxima precaución a todos e todas en estas xornadas nas que a meteoroloxía está resultando tan adversa", afirmou a RFGF tras comunicar a medida.