Suspendido o partido entre Teucro e Sporting de Portugal que se ía a celebrar en Cuntis

Pontevedra
20 de xaneiro 2018

O segundo dos encontros de preparación previstos polo Condes de Albarei Teucro durante o mes de xaneiro tivo que suspenderse debido á condensación que afectaba á pista do pavillón municipal de Cuntis

Teucro e Sporting de Portugal posan no pavillón de Cuntis
Teucro e Sporting de Portugal posan no pavillón de Cuntis

O Condes de Albarei Teucro non puido disputar este sábado o segundo dos encontros amigables previstos durante este mes de xaneiro para preparar a segunda volta da Liga Asobal.

O I Trofeo Termas de Cuntis que lle ía a enfrontar ao campión luso, o Sporting de Portugal, tivo que ser suspendido pola condensación que afectaba á pista do pavillón cuntiense.

Sobre a cancha de xogo ambos os equipos pousaron xuntos pero non puideron chegar a verse as caras.

Debido a esta situación o club azul valora se buscar outro partido amigable para os próximos días que complete a súa preparación.

Tras esta cita e despois de derrotar entre semana ao Ismai  Maia portugués, o Condes de Albarei Teucro ten pactado aínda outro encontro amigable, o sábado 27 de xaneiro en Lugo ante o Ademar de León.