Suspendido o Peixe Galego-Obradoiro Ames por "a condensación" na pista

Marín
11 de novembro 2023

Segundo informou o combinado marinense, "a condensación xerada pola situación meteorolóxica impide a práctica deportiva nestas condicións"  

Pavillón do Sequelo
Pavillón do Sequelo / Concello de Marín

O partido entre o Marín Peixe Galego e o Obradoiro Ames de Liga EBA que se ía a disputar este sábado no pavillón de O Sequelo foi suspendido.

Segundo informou o combinado marinense, "a condensación xerada pola situación meteorolóxica impide a práctica deportiva nestas condicións".

Aínda que estudaron a posibilidade de trasladar o encontro outros pavillóns da vila, as condicións nas que se atopan e a celebración doutros eventos durante esta fin de semana impiden a práctica deportiva en cada un deles.

Ante esta situación, a Federación de Baloncesto decidiu aprazalo ao xoves 7 de decembro.